- Os Picariños saltan a escea da literatura e a poesía de Galicia coa convocatoria dun novo certame
- Os Mestre Hermida 2026 recoñecen a inspiración dos alumnos e alumnas que cursan educación Primaria
Sábado, 16 de maio de 2026.- O Círculo Cultural Deportivo e o Concello de Sanxenxo convocaron unha nova edición do Premios Mestre Hermida, certame literario dirixido aos alumnos e alumnas de educación Primaria.
Baixo a denominación de Certame Literario Os Picariños Mestre Hermidas 2026, ponse en valor o relato literario dos máis pequenos e pequenas, coa participación de varios dos colexios da localidade, nun concurso dividido por idades en tres categorías e estilo compositivo de poesía ou narrativa literaria.
Deste xeito, no tramo do Primeiro Ciclo, que comprende 1º e 2º de Primaria, na categoría de Narrativa gañaba Roi Macías, cunha obra que titulaba “A ratiña Elisa”. O segundo premio recaía en Iván Cereijo, co título “O paxariño”. E pechaba na terceira posición, Marcelo Zubiría coa obra “A viaxe”, os tres do colexio A Florida.

En poesía deste Primeiro Ciclo o primer premio foi para Lucas García, coa composición “A osa desastrosa”. O segundo recoñecemento recaeu en Martín Garea, con “A Vaca”. E o terceiro premio foi para Mía Padín, con “Natureza”, os tres tamén do colexio A Florida.
En Poesía do Segundo Ciclo, nenas e nenos de 3º e 4º, gañaba o Certame, María Juviño, coa obra “Personaxes”, do colexio Cruceiro. Segunda foi Cayetana Martínez, que xa obtivo este mesmo premio o pasado ano, con “Voadoras”, tamén de o Cruceiro. E terceiro Iker Lorenzo, con “O Mundo das froitas”, do colexio A Florida.
En Narrativa facíase co primeiro premio Sara Masib, coa obra “A pócema máxima”, do colexio Cruceiro. A segunda praza foi para María Juviño, tamén de o Cruceiro, con “O tenis e a amizade”. E a terceira clasificada, Gala Montes, con “Un gran amigo”, de A Florida. Accesit para Lina Montes, con “A maldición da obra de teatro de cuarto”, do colexio Nantes.

E xa na poesía, do Terceiro Ciclo, alumas e alumnos de 5º e 6º de Primaria, resultaban premiadas tres alumnas do colexio de A Florida: Carmen Miguéns, por “Os Libros”; Alba Pérez, tamén premiada en 2025, por “ Ó lado do mar”; e Bianca Peña, por “As cores non teñen xénero”.
Xa por último, no Terceiro Ciclo de Narrativa, resultaba premiada co primeiro premio, Víctor Thalles, por “Un pequeño pobo”, do colexio Cruceiro. Segunda foi Alba Pérez, de A Florida, por “Bailando no tempo”. E terceira, Paula Padín, de o Cruceiro, por “As sombras do faro vello”.
De temática libre, escritas en galego e sendo obras inéditas e orixináis, La Cultural organiza o certame literario en colaboración co Concello de Sanxenxo e a participación do CEIP Florida de Sanxenxo, o Cruceiro de Vilalonga e o de Nantes, elixiendo as obras máis orixináis e que conteñan argumento e calidade narrativa e poética.
A entrega de premios celebrouse no auditorio Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, un acto no que participaron os concelleiros Natividad Parada e Xoan Pérez, de educación e cultura, respectivamente, e o xerente do Círculo Cultural, Antón Hernández.