Sábado, 17 de maio de 2025.- Xornada especial en Sanxenxo con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, na que o Círculo Cultural Deportivo e o Concello de Sanxenxo entregaron os premios do Certame Literario Os Picariños Mestre Hermidas 2025.

Coa participación de varios dos colexios da localidade, o concurso premiaba a alumnas e alumnos de Primaria, divididos por idades en tres categorías e estilo compositivo de poesía ou narrativa literaria.

Deste xeito, no tramo do Primeiro Ciclo, que comprende 1º e 2º de Primaria, e que só tomaban parte na categoría de Narrativa gañaba Olivia Sanmartín, do Colexio A Florida cunha obra que titulaba “Ser bo”. O segundo premio recaía en Paula Nielfa, tamén de A Florida, co título “O Nadal máis raro do mundo”. E pechaba na terceira posición, outra alumna de A Florida, Luhana González, coa proposta “O bigote de Pedro”.

En Poesía do Segundo Ciclo, nenas e menos de 3º e 4º, gañaba o Certame, Enrique Gondar, coa obra “A andoriña”, tamén de A Florida. Segunda foi Cayetana Martínez, con “Os animáis”. E terceira Alba Fernández, con “As flores bailarinas”, ámbalas dúas do colexio Cruceiro.

En Narrativa facíase co primeiro premio Miguel Rea, coa obra “O libro máxico”, do colexio Cruceiro. A segunda praza foi para Iria Falcón, tamén de o Cruceiro, con “Os páxaros”. E a terceira clasificada, Sara Padín, con “As amigas do rato”, de A Florida.

En poesía, do Terceiro Ciclo, alumas e alumnos de 5º e 6º de Primaria, resultaban premiadas tres alumnas do colexio de A Florida que, por esta orde, recollían os seus premios: Vera Tejedor, por “O verán”; Alba Pérez, por “A primavera”; e Nora Padín, por “O verán en Sanxenxo”.

Xa por último, no Terceiro Ciclo de Narrativa, resultaba premiada co primeiro premio, Alenka Czarnecka, por “O momento”, do colexio Cruceiro. Segunda foi Alba Pérez, de A Florida, por “Pascua no Con”. E terceiro, Iker Gondar, de o Cruceiro, por “O orfo máis forte”.

De temática libre, escritas en galego e sendo obras inéditas e orixináis, La Cultural organiza o certame literario en colaboración co Concello de Sanxenxo e a participación del CEIP Florida de Sanxenxo e o Cruceiro de Vilalonga, elixiendo as obras máis orixináis e que conteñan argumento e calidade narrativa e poética.

O acto celebrouse na mañá deste sábado na Praza do Pazo, ao que asistiron a concelleira de cultura, Elena Torres; a de educación, Natividad Parada; e o presidente do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, Francisco Hernández, sendo amenizado por lo grupo Acordeireta, formado por Patricia González e Alejandro Balbuena, interpretando pezas de autores e autoras clásicos galegos, e que estivo presentando pola escritora novel, Tania Zaref.

Loading...